miércoles, 12 de diciembre de 2012

Os nenos e nenas de sexto reflexionan sobre os Dereitos Humanos.

Ola nenos e nenas!

WIN 4007 vainos presentar os DEREITOS HUMANOS...

Pero... Que son os Dereitos Humanos? Por que os celebramos na escola?

Imos intentar reflexionar entre todas e todos sobre eles e pensar como nós podemos axudar a que se cumpran na nosa contorna, no espazo onde todos os días estamos xunt@s...

Así que... Aló imos!!

Comezamos co conto "Huelga de mamás" que reflexiona sobre a necesidade de vivir en igualdade, tanto homes como mulleres, mozos e mozas, nenos e nenas...

Esperamos que vos guste! Os nenos e nenas de sexto contaránvolo!

martes, 11 de diciembre de 2012

PRESENTANDO A WIN 4007, HABITANTE DA AULA TICS

Moi boas de novos!

Como adiantabamos nos días pasados...
Aquí está a nosa mascota!

Elixida por tod@s vós!

Chámase WIN 4007 e o seu autor é Xoel, da clase de 6º...
Parece que Xoel coñece moi ben a WIN 4007, xa que fixo unha moi boa descrición de como é e o que lle gusta.

Queredes coñecelo? Pois aquí está!











E agora aquí temos algunhas das mascotas que máis nos gustaron!
Esperamos que as disfrutedes!
Non esquezades botarlle un vistazo ao libro onde aparecen todas as demais!
Atoparáslo na aula das TIC!



lunes, 26 de noviembre de 2012

Benvida a aula das TIC!

Ola nenos e nenas!

Benvidas ao blog da aula das TIC!

Como ben sabedes estivemos nos días pasados creando a nosa mascota...

Unha mascota que more na aula, entre os ordenadores, os altofalantes, os cables...
Quizáis preto da PDI?

Debaixo dunha mesa??? Quen sabe!!

O que é ben certo é que temos decenas de debuxos con propostas de mascotas... Algunhas son figuras humanas, outras son seres mecánicos, cibernéticos... Agora só queda que as profes tamén escollan e nesta semana teremos novo ou nova habitante na escola!

Esperemos que a todas nos guste e disfrutemos moito con ela a partires de agora!