lunes, 14 de enero de 2013

WIN 4007 E AS NEN@S DE SEXTO...

Ola nenos e nenas!

Que tal foron as vacacións de Nadal?
Xa estamos totalmente recuperad@s?
Imos logo aló!!

Recordades a Declaración Universal dos Dereitos Humanos?
O mural na entrada da escola?
As palabras coas que queremos alimentarnos? Igualdade, respeto, amor, coidados, atencións, axuda, liberdade...

 E algo que nos propoñemos coñecer e traballar dende a nosa escola. Foi por isto que no mes de decembro, o mes do frío, do inverno, onde xa estabamos listas e listos para irnos de vacacións eu,
WIN - 4007, a mascota da aula TIC, vos presentei o blog das TIC e os diferentes blogs da escola. As nenas e nenos de 6º curso decidiron acompañarme representando para nós temáticas traballadas na área de Educación para a Cidadanía: equidade, democracia, igualdade e convivencia foron algúns dos temas traballados.

Para que poidas disfrutar deles aquí vos deixo algúns videos que nos axudarán a recordar as
actividades!


Representación de "Os cinco dedos" de Calo Iglesias. SGEP





Representación de "A historia do gato e o rato". Reflexionamos aquí sobre a igualdade ou a non violencia...


 

 

 E nesta ocasión os nenos e nenas reflexionan sobre algunhas situacións de violencia que se poden vivir na escola e que é o que podemos facer para superalas...

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario